sfAnaco plano e delgado de calquera material resistente.
sfBOT
Prego delgado radial situado na cara inferior do sombreiro dos cogomelos, recuberto polo himenio.
Parte superior ensanchada do pétalo.
limbo.
XEOL
sfPlano de orde inferior á de estratrificación, aplicado en sedimentoloxía.
lámina delgadaMostra de rocha tallada finamente para ser observada mediante o microscopio.
sfIlustración impresa en papel.
lámina anelada/periódicaBIOLEstrutura citoplasmática formada por un conxunto de vesículas aplanadas, que se dispoñen paralelamente, e que son frecuentes nas células xerminais e nas que teñen unha elevada síntese proteica.
lámina de caras paralelasFÍSSistema óptico que consiste en dous planos paralelos entre os que hai un medio de índice de refracción n. Se un raio de luz atravesa a lámina experimenta dúas refraccións, polo que un observador situado a un lado da lámina ve un punto A, e se se atopa situado no outro lado, ve unha posición A’ máis preto da lámina.
lámina de sílexARQUEOLTipo de lasca, tamén chamado folla, cunha lonxitude maior que o dobre da súa anchura. A cara dorsal está cruzada por arestas lonxitudinais. Adoptan diversas formas.
lámina magnéticaTECNOLLámina moi delgada de material ferromagnético que se emprega como soporte de rexistro de información e que se dispón sobre un tambor xiratorio de escritura e lectura.