laminación

< laminar
Plural: laminacións
  1. s f Acción e efecto de laminar.
  2. s f IND Operación de laminar un material plástico, na que se modifica a estrutura interna do material orientando a fibra na dirección lonxitudinal da peza, de xeito que a plasticidade e a resistencia mecánica aumenten nesta dirección.
  3. s f IND laminado.
  4. s f IND Proceso que consiste en pasar unha masa de vidro fundido entre dous cilindros ou rolos para obter cristais planos.
  5. s f XEOL Disposición de elementos detríticos dunha capa e bandas finas paralelas, onduladas ou oblicuas, chamadas láminas.
  6. s f XEOL Adelgazamento que sofren algúns estratos xeolóxicos nas rexións que se atopan sometidas a movementos tectónicos.