amplificación

< amplificar
Plural: amplificacións
  1. s f Acción e efecto de amplificar.
  2. s f FÍS
    1. Aumento dunha tensión ou dunha corrente mediante un amplificador.
    2. Relación entre os valores de saída e de entrada dunha magnitude nun amplificador calquera.
  3. amplificación xénica XEN Produción de moitas copias dun mesmo xen por replicación selectiva dun fragmento determinado do ADN.

Citas

  • Os técnicos levaron a cabo unha amplificación do sinal