ampliar

< lat ampliāre
  1. v t Dar unha maior extensión.
  2. v t Reproducir unha fotografía a un tamaño máis grande do que tiña.
  3. v t p ext Profundar nunha serie de coñecementos ou investigacións.

Sinónimos

Antónimos

Confrontacións

Citas

  • Para ampliar o número de asentos temos que restarlle espacio ao terreo de xogo
  • Quero que me amplíen estas tres fotografías de animais para facer un mural
  • Vou ampliar os meus estudios de inglés nunha universidade irlandesa
  • Vou ver se me poden ampliar a baixa por maternidade para seguir na casa
Verbo: ampliar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

amplío

amplías

amplía

ampliamos

ampliades

amplían

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

ampliaba

ampliabas

ampliaba

ampliabamos

ampliabades

ampliaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

ampliei

ampliaches

ampliou

ampliamos

ampliastes

ampliaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

ampliara

ampliaras

ampliara

ampliaramos

ampliarades

ampliaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

ampliarei

ampliarás

ampliará

ampliaremos

ampliaredes

ampliarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

ampliaría

ampliarías

ampliaría

ampliariamos

ampliariades

ampliarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

amplíe

amplíes

amplíe

ampliemos

ampliedes

amplíen

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

ampliase

ampliases

ampliase

ampliasemos

ampliasedes

ampliasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

ampliar

ampliares

ampliar

ampliarmos

ampliardes

ampliaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

amplía

-

-

ampliade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

ampliar

ampliares

ampliar

ampliarmos

ampliardes

ampliaren

Xerundio

ampliando

Participio

ampliado

ampliada

ampliados

ampliadas