intermedio -dia

< lat intermedĭu
Plural: intermedios Masculino: intermedio Masculino plural: intermedios Feminino: intermedia Feminino plural: intermedias
  1. adx Que está entre dous termos.
  2. adx LING Aplícase, segundo a terminoloxía anglosaxona, ao son vocálico que se sitúa entre as palatais e as velares.
  3. s m Espazo de tempo entre dúas partes dunha actividade para realizar un descanso.
  4. composto intermedio QUÍM Composto formado polos reactivos durante un proceso químico, como paso necesario para obter os produtos finais da reacción.

Citas

  • No intermedio do partido foron ao baño, No intermedio da película botan publicidade