intermedio -dia

< lat intermedĭu
Pliral: intermedios Masculino: intermedio Masculino plural: intermedios Femenino: intermedia Femenino plural: intermedias
  1. adx Que está entre dous termos.
  2. adx LING Aplícase, segundo a terminoloxía anglosaxona, ao son vocálico que se sitúa entre as palatais e as velares.
  3. s m Espazo de tempo entre dúas partes dunha actividade para realizar un descanso.
  4. composto intermedio QUÍM Composto formado polos reactivos durante un proceso químico, como paso necesario para obter os produtos finais da reacción.

Citas

  • No intermedio do partido foron ao baño, No intermedio da película botan publicidade