interface

< ingl interface ‘superficie en contacto’
Plural: interfaces
  1. s INFORM
    1. Superficie limitada compartida por dous sistemas.
    2. Dispositivo deseñado para facilitar a conexión entre equipos de diferentes funcións ou características.
    3. p ext Calquera medio interposto entre dous elementos ou sistemas, que a interface pon en relación.
  2. s f QUÍM/FÍS Superficie interna de contacto entre cada unha das fases dun sistema líquido heteroxéneo, ou entre as fases sólida, líquida e gasosa dun sistema.
  3. s f FÍS Superficie de contacto entre dous materiais diferentes.