interese

< lat interesse ‘importar’
Plural: intereses
  1. s m Actitude de quen dedica atención a algo.
  2. s m Circunstancia pola que unha cousa ten importancia ou valor para alguén.
  3. s m Aquilo que pode beneficiar a alguén.

Antónimos

Citas

  • Administra os intereses da familia
  • Esta serie de debuxos esperta o interese de todos os nenos, É un monumento de interese artístico
  • Sempre mostrou interese pola ciencia, Escoitou con interese o que dicían na radio
  • Ten moito interese en que o rapaz aprobe
  • Tes que ir polo teu propio interese
  • Todo o que fai é por interese