smECONCambio ou permuta de bens e servizos que realizan dúas ou máis persoas, sociedades ou entes entre si.
smMETEORFenómeno que ten lugar entre dúas masas de aire.
intercambio de notas/de cartasDERActo diplomático constituído por dous documentos ou máis que se dirixen mutuamente os representantes de dous gobernos.
intercambio iónicoQUÍM/FÍSProceso químico-físico segundo o que, ao pórse en contacto unha solución iónica cun intercambiador iónico, esta experimenta a fixación dos catións ou dos anións, co cambio, respectivamente, de cantidades equivalentes de catións ou de anións, procedentes do intercambiador, que son liberados do seu retículo e pasan á solución.
intercambio isotópicoFÍSSubstitución mutua de átomos dun mesmo elemento, entre dúas moléculas, pero isotopicamente diferentes.
intercambio xénicoXENFenómeno que ten lugar durante o entrecruzamento e que consiste nun cambio entre segmentos equivalentes dunha parella de cromosomas e, polo tanto, de material xenético.