intercambio

< inter- + cambio
Pliral: intercambios
  1. s m Acción ou efecto de intercambiar.
  2. s m ECON Cambio ou permuta de bens e servizos que realizan dúas ou máis persoas, sociedades ou entes entre si.
  3. s m METEOR Fenómeno que ten lugar entre dúas masas de aire.
  4. intercambio de notas/de cartas DER Acto diplomático constituído por dous documentos ou máis que se dirixen mutuamente os representantes de dous gobernos.
  5. intercambio iónico QUÍM/FÍS Proceso químico-físico segundo o que, ao pórse en contacto unha solución iónica cun intercambiador iónico, esta experimenta a fixación dos catións ou dos anións, co cambio, respectivamente, de cantidades equivalentes de catións ou de anións, procedentes do intercambiador, que son liberados do seu retículo e pasan á solución.
  6. intercambio isotópico FÍS Substitución mutua de átomos dun mesmo elemento, entre dúas moléculas, pero isotopicamente diferentes.
  7. intercambio xénico XEN Fenómeno que ten lugar durante o entrecruzamento e que consiste nun cambio entre segmentos equivalentes dunha parella de cromosomas e, polo tanto, de material xenético.