intendente -ta

< lat intendente, p pres de intendĕre ‘dirixir’
Plural: intendentes Masculino: intendente Masculino plural: intendentes Feminino: intendenta Feminino plural: intendentas
  1. s
    1. Funcionario encargado dunha administración.
    2. Oficial encargado dos servizos de admistración nos exércitos.
  2. s m HIST Funcionario administrativo, nas monarquías borbónicas de Francia e España, que presidía unha intendencia, e que tiña a función de administrar o exército, ademais de atribucións de tipo fiscal, policiais e de xustiza.