sfFÍSMagnitude dunha forza, dun fenómeno da enerxía, a miúdo por unidade de superficie, de volume ou de tempo.
intensidade de campo eléctrico [E] /TECNOL/FÍSector, nun campo eléctrico, de magnitude igual ao cociente entre a forza exercida sobre unha carga eléctrica e esta carga, que é da mesma dirección e o mesmo sentido ca a forza. A unidade no SI é o volt/metro.
intensidade de campo magnético [H]FÍSector, nun campo magnético, de magnitude igual ao cociente entre a indución magnética e a permeabilidade, que é da mesma dirección e o mesmo sentido ca a indución magnética. A unidade no SI é o ampere/metro.
intensidade de corrente eléctrica [I] /TECNOL/FÍSMagnitude que expresa o valor dunha corrente eléctrica, que é a cantidade de electricidade que atravesa a sección dun condutor na unidade de tempo. A unidade no SI é o ampere.
intensidade enérxica/radianteCociente entre o fluxo enérxico emitido nun ángulo sólido sobre unha dirección determinada, e este ángulo sólido.
intensidade luminosa [I]FÍSCociente entre o fluxo luminoso que se emite por unha fonte luminosa nun ángulo sólido sobre unha dirección determinada, e este ángulo sólido. A unidade no SI é a candela.
intensidade sonora/acústicaFÍSCantidade de enerxía sonora presente nun punto determinado, referida á unidade de superficie e nunha dirección determinada. A unidade de medida é o W/m 2 ou o W/cm 2 .
sfLINGFactor acústico que depende, fisicamente, da amplitude da onda sonora e que algunhas linguas consideran un trazo fonoloxicamente distintivo.
sfFILOSMagnitude da calidade ou grao no que un suxeito participa dun modo de ser.