infravermello -lla

< infra- + vermello
Plural: infravermellos Masculino: infravermello Masculino plural: infravermellos Feminino: infravermellla Feminino plural: infravermelllas
  1. adx Relativo ou pertencente aos raios infravermellos.
  2. s m FÍS Rexión do espectro electromagnético que comprende o intervalo que vai desde a luz visible ata as microondas.
  3. s m IND/ARTE Banda de lonxitudes de onda que van máis alá do extremo vermello do espectro. Resultan invisibles para o ollo e só poden ser rexistradas cunha película fotográfica especial.
  4. raios infravermellos FÍS Radiación electromagnética que pertence ao espectro infravermello, e se caracteriza por ser portadora de calor radiante, e ser emitida por calquera obxecto a temperatura superior ao cero absoluto. Emprégase polos seus efectos caloríficos, e tamén en fotografía e en sistemas de guía e detección.