adxRelativo ou pertencente aos raios infravermellos.
smFÍSRexión do espectro electromagnético que comprende o intervalo que vai desde a luz visible ata as microondas.
smIND/ARTEBanda de lonxitudes de onda que van máis alá do extremo vermello do espectro. Resultan invisibles para o ollo e só poden ser rexistradas cunha película fotográfica especial.
raios infravermellosFÍSRadiación electromagnética que pertence ao espectro infravermello, e se caracteriza por ser portadora de calor radiante, e ser emitida por calquera obxecto a temperatura superior ao cero absoluto. Emprégase polos seus efectos caloríficos, e tamén en fotografía e en sistemas de guía e detección.