íncubo

< lat incŭbu
Plural: íncubos
  1. s m MIT Xenio do folclore romano. Críase que viña durante a noite, sentaba no peito dos durmintes e provocaba pesadelos. Adoitaba levar un gorro cónico, que perdía nas trasnadas. Quen atopaba un dos chapeus adquiría o don de descubrir tesouros ocultos.