Aparencia visible dun obxecto ou dunha persoa imitados polas artes plásticas ou gráficas.
ARTE/RELIXRepresentación de Xesús Cristo, a Virxe ou os santos.
smFÍSFigura que está formada polo conxunto de interseccións dos raios luminosos que proceden de cada un dos puntos dun obxecto (imaxereal), ou ben polo conxunto de interseccións das prolongacións dos raios luminosos, despois de ser modificada a súa traxectoria ao incidir nun sistema óptico ou ao atravesalo (imaxevirtual).
sfCOMUNÁrea total explorada, nos sistemas de televisión, polo feixe de electróns nos tubos analizadores e nos raios catódicos.
sfLITRelación poética entre elementos reais e irreais, ou o termo irreal de dita relación.
sfFILOS
Representación interna no ámbito do cognoscible dun obxecto externo.
Representación dunha experiencia perceptiva previa en ausencia da estimulación sensorial correspondente.
sfAspecto externo que ten alguén.
sfConsideración que os demais teñen dunha persoa.
sfMAT
Conxunto B dunha correspondencia definida como o subconxunto do produto cartesiano A´B.
Cada un dos elementos dun conxunto imaxe.
IND/ARTE
imaxe dixitalImaxe que se obtén por medio dun ordenador, que pode ser dixitalizada ou virtual.
imaxe latenteImaxe invisible que se obtén nos cristais das emulsións fotográficas por medio dun proceso físico-químico que é provocado pola acción da luz sobre os haluros de prata que compoñen os cristais.
imaxe acústicaLINGForma que teñen algunhas palabras na mente antes de ser actualizadas pola fala ou a representación gráfica.
imaxe mentalXEOGRepresentación conceptual da realidade espacial dun individuo con respecto a un espazo obxectivo que pode ser deformado pola visión que os diferentes individuos teñen del.