ilustración

< lat illustratiōne
Plural: ilustracións
  1. s f Acción e efecto de ilustrar.
  2. s f Comentario, lámina ou fotografía, que ilustra un texto escrito, especialmente un libro.
  3. s f Conxunto de coñecementos que adquire unha persoa.
  4. s f GRÁF
    1. Prancha gravada que representa un debuxo ou unha fotografía e que pode ser impresa reproducíndoa fielmente do orixinal.
    2. Impresión conseguida cunha prancha gravada.

Sinónimos

Citas

  • Tratou cun funcionario cunha notable ilustración