cultura

< lat cultūra
Plural: culturas
  1. s f Conxunto de coñecementos non especializados que adquire unha persoa como froito do estudo ou da experiencia.
  2. s f ANTROP/CULT Conxunto de tradicións, formas de vida e ideais dun pobo, dunha sociedade ou de toda a humanidade, que abrangue toda manifestación xurdida da convivencia propia dos humanos.
  3. cultura corporativa/empresarial/organizativa SOCIOL Sistema de valores e símbolos da sociedade ou organización compartida polos seus membros.
  4. cultura de masa SOCIOL Conxunto de coñecementos xeneralizados e difundidos polos medios de comunicación de masas.
  5. cultura política SOCIOL Pautas de orientación psicolóxica cara aos obxectivos políticos que predominan entre os membros dun grupo ou nación.
  6. cultura popular SOCIOL Cultura creada de forma autónoma polo pobo non ilustrado e que deu lugar aos refráns, mitos, lendas ou contos.

Antónimos

Citas

  • Seu pai era unha persoa cunha gran cultura, En pouco tempo aprendeu nocións de cultura xeral daquel país que a acollera