adxRelativo ou pertencente ao pobo ibero, á súa cultura ou á súa lingua.
sETN/HISTIndividuo do pobo ibero.
sm plETN/HISTConxunto de pobos que se estenderon entre o Languedoc meridional e Andalucía, ocupando o litoral e parte de Aragón, Catalunya, a Comunitat Valenciana, Murcia e Andalucía. Esta denominación apareceu nas fontes gregas desde o s V a C e empregouse para designar a Península Ibérica.
smLINGLingua dos iberos, estendida no levante da Península Ibérica. OBS: Tamén se denomina ibérico.
adxRelativo ou pertencente á antiga rexión de Iberia, no Cáucaso.
sNatural ou habitante da antiga rexión de Iberia, no Cáucaso.