ibero -ra

Pliral: iberos Masculino: ibero Masculino plural: iberos Femenino: ibera Femenino plural: iberas
    1. adx Relativo ou pertencente ao pobo ibero, á súa cultura ou á súa lingua.
    2. s ETN/HIST Individuo do pobo ibero.
    3. s m pl ETN/HIST Conxunto de pobos que se estenderon entre o Languedoc meridional e Andalucía, ocupando o litoral e parte de Aragón, Catalunya, a Comunitat Valenciana, Murcia e Andalucía. Esta denominación apareceu nas fontes gregas desde o s V a C e empregouse para designar a Península Ibérica.
    4. s m LING Lingua dos iberos, estendida no levante da Península Ibérica. OBS: Tamén se denomina ibérico.
    1. adx Relativo ou pertencente á antiga rexión de Iberia, no Cáucaso.
    2. s Natural ou habitante da antiga rexión de Iberia, no Cáucaso.