adxRelativo ou pertencente aos hurritas ou á súa lingua.
sETN/HISTIndividuo do pobo hurrita.
sm plETN/HISTPobo de Oriente Próximo, que habitaba o territorio situado entre os lagos Van e Urmia, e que cara a 1600 consolidou o reino independente de Mitanni.
smLINGLingua dos hurritas, aínda sen clasificar (amosa semellanzas co elamita, co ẖatti, co urarteo e coas linguas caucásicas), que se documenta desde o 2300 a C.
relixión hurritaRELIXRelixión propia dos hurritas na que as divindades, representadas de xeito antropomorfo ou zoomorfo, encarnaban as forzas da natureza.