hurrita

Pliral: hurritas
  1. adx Relativo ou pertencente aos hurritas ou á súa lingua.
  2. s ETN/HIST Individuo do pobo hurrita.
  3. s m pl ETN/HIST Pobo de Oriente Próximo, que habitaba o territorio situado entre os lagos Van e Urmia, e que  cara a 1600 consolidou o reino independente de Mitanni.
  4. s m LING Lingua dos hurritas, aínda sen clasificar (amosa semellanzas co elamita, co ẖatti, co urarteo e coas linguas caucásicas), que se documenta desde o 2300 a C.
  5. relixión hurrita RELIX Relixión propia dos hurritas na que as divindades, representadas de xeito antropomorfo ou zoomorfo, encarnaban as forzas da natureza.

Palabras vecinas