humidade

< lat humidĭtāte
Plural: humidades
  1. s f Condición de húmido.
  2. ALIM
    1. s f Contido en auga dos alimentos, especialmente o fixado pola lexislación.
    2. humidade relativa do equilibrio Humidade relativa en que un alimento (ou outro produto) non gaña nin perde humidade.
  3. METEOR
    1. s f Cantidade de vapor de auga que existe na atmosfera e que se mide en gramos de vapor de auga por metro cúbico de aire. OBS: Tamén se denomina humidade absoluta.
    2. humidade específica Cociente entre a masa de vapor de auga e a masa de aire húmido.
    3. humidade relativa Proporción entre a cantidade de vapor de auga que contén o aire e o máximo que podería conter para acadar a saturación, que se mide en tanto por cen.

Refráns

  • O alcipreste non se rega, porque crece coa lentura.