hospedaxe

< hospedar
Plural: hospedaxes
  1. s f Acción de hospedar ou hospedarse.
  2. s f
    1. Establecemento hostaleiro destinado a recibir hóspedes.
    2. Lugar en que alguén se hospeda.
  3. s f Cantidade de diñeiro que se paga por hospedarse nun lugar.
  4. s f HIST/DER Obriga que tiñan os vasalos durante a Idade Media de aloxar ao seu señor feudal durante as visitas que realizaba aos lugares sobre os que exercía o señorío.

Confrontacións

Citas

  • Ten a súa hospedaxe na casa duns familiares, Construíron unha hospedaxe preto de aquí

Refráns

  • Ninguén seria mesoneiro, se non fose polo diñeiro.