pensión

< lat pensiōne
Plural: pensións
  1. DER
    1. s f Cantidade que se cobra periodicamente do Estado ou dunha institución por prestar un servizo, pola morte dun familiar ou por unha diminución física ou psíquica permanente.
    2. pensión compensatoria/matrimonial Cantidade que ten dereito a percibir o cónxuxe ao que a separación ou divorcio produce un desequilibrio económico.
    3. pensión contributiva Pensión outorgada polo Instituto Nacional de la Seguridad Social á que se ten dereito por cotizar durante certo tempo.
    4. pensión non contributiva Pensión de carácter asistencial que se outorga sen cotizar ao Instituto Nacional de la Seguridad Social
  2. s f Casa modesta destinada á hospedaxe.
  3. s f Renda ou canon anual que se impón sobre unha propiedade.