horizonte

< lat horĭzonte gr ὁ ριζοντος
Plural: horizontes
  1. s m
    1. Liña que delimita a parte da superficie terrestre visible desde un punto, na que parece que se unen o ceo coa terra ou o mar.
    2. Conxunto de posibilidades ou perspectivas dun asunto, situación ou materia.
    3. Límite temporal que se ten desde unha perspectiva.
    4.   Conxunto de capacidades do entendemento dunha persoa.
  2. ASTRON
    1. s m Circunferencia menor da esfera terrestre que, contida nun plano perpendicular na vertical, limita o casquete esférico visible por un observador situado a certa altura, especialmente cando o casquete pertence ao mar.
    2. horizonte aparente/ sensible Círculo menor da esfera celeste, perpendicular á vertical e taxente á superficie da esfera terrestre no pé da vertical do observador.
    3. horizonte astronómico/racional/verdadeiro Círculo máximo da esfera celeste, perpendicular á vertical do lugar, que divide a esfera en dous hemisferios, o visible e o invisible, e é o plano fundamental do sistema de coordenadas horizontais.
    4. horizonte do mar/ visible Superficie cónica formada polas rectas que, partindo do ollo do observador situado a certa altura, son tanxentes á superficie da esfera terrestre.
  3. s m XEOL Extracto do solo de textura, estrutura e composición homoxéneas e características propias, diferenciado no curso da pedoxénese.
  4. horizonte artificial
    1. AERON Instrumento de voo que indica a posición do horizonte respecto do plano horizontal da aeronave.
    2. MAR Superficie plana horizontal e reflectora, que se emprega para observar alturas dos astros cun sextante ou outro instrumento de reflexión, cando non se pode ver o horizonte do mar.
  5. horizonte cultural ARQUEOL Período ou etapa dunha cultura a partir dun elemento material representativo ou procedente dunha determinada zona xeográfica.

Citas

  • É de horizontes tan limitados que non creo que entenda a situación
  • Marcouse un horizonte de dous anos para aprobar as oposicións
  • O horizonte dos adiantos en medicina é amplísimo
  • Víanse os barcos navegar no horizonte

Formas incorrectas

hourizonte