Liña que delimita a parte da superficie terrestre visible desde un punto, na que parece que se unen o ceo coa terra ou o mar.
Conxunto de posibilidades ou perspectivas dun asunto, situación ou materia.
Límite temporal que se ten desde unha perspectiva.
Conxunto de capacidades do entendemento dunha persoa.
ASTRON
smCircunferencia menor da esfera terrestre que, contida nun plano perpendicular na vertical, limita o casquete esférico visible por un observador situado a certa altura, especialmente cando o casquete pertence ao mar.
horizonte aparente/ sensibleCírculo menor da esfera celeste, perpendicular á vertical e taxente á superficie da esfera terrestre no pé da vertical do observador.
horizonte astronómico/racional/verdadeiroCírculo máximo da esfera celeste, perpendicular á vertical do lugar, que divide a esfera en dous hemisferios, o visible e o invisible, e é o plano fundamental do sistema de coordenadas horizontais.
horizonte do mar/ visibleSuperficie cónica formada polas rectas que, partindo do ollo do observador situado a certa altura, son tanxentes á superficie da esfera terrestre.
smXEOLExtracto do solo de textura, estrutura e composición homoxéneas e características propias, diferenciado no curso da pedoxénese.
horizonte artificial
AERONInstrumento de voo que indica a posición do horizonte respecto do plano horizontal da aeronave.
MARSuperficie plana horizontal e reflectora, que se emprega para observar alturas dos astros cun sextante ou outro instrumento de reflexión, cando non se pode ver o horizonte do mar.
horizonte culturalARQUEOLPeríodo ou etapa dunha cultura a partir dun elemento material representativo ou procedente dunha determinada zona xeográfica.
Citas
É de horizontes tan limitados que non creo que entenda a situación
Marcouse un horizonte de dous anos para aprobar as oposicións