hora

< lat hora
Plural: horas
    1. s f METROL Unidade de tempo que equivale a 1/24 da duración dun día.
    2. s f ASTRON Tempo do día expresado en horas contadas desde a medianoite ou o mediodía e en fraccións de hora.
    1. s f Momento ou punto determinado no tempo.
    2. s f Momento oportuno para facer algo.
    3. s f Momento para o que se cita a alguén.
    4. hora do cronómetro ASTRON Hora que marca o cronómetro, á que se lle aplican dúas correccións, o estado absoluto e a parte proporcional ao movemento diario, que se utiliza para saber a hora civil do meridiano de Greenwich.
  1. s f Último instante da vida.
  2. hora angular ASTRON Unidade angular que equivale a 15’ sexaxesimais, e que se divide en 60 minutos angulares e cada un destes en 60 segundos angulares.
  3. hora canónica RELIX Cada unha das partes en que se divide o oficio divino.
  4. hora extraordinaria Hora que se traballa e contabiliza fóra do horario laboral normal.
  5. hora santa RELIX Hora dedicada á adoración do Santísimo Sacramento.
  6. libro de horas RELIX libro de horas.

Sinónimos

Confrontacións

vez

Citas

  • Chegoulle a súa hora
  • Nas súas últimas horas arrepentiuse de moitas cousas que fixera
  • O balneario está a unha hora da vila
  • Teño hora co fisioterapeuta
  • Vinde que é hora da merenda, ¿Que hora é? ¡Que horas son estas de chegar!
  • ¡Xa cheguei hai unha hora!

Frases feitas

  • A altas horas. Nunha hora avanzada da noite ou da madrugada.
  • A primeira hora. Nos primeiros momentos do d
  • A tal hora. Neste mesmo momento. Ex: A tal hora xa debeu facer o exame.
  • A todas horas. De xeito continuado, a cada momento. Ex: Anda a amolarme a todas horas.
  • Antes de hora. Antes de tempo, antes do momento sinalado, oportuno ou habitual.
  • Dar hora. Citar a algu
  • En boa hora. Que ocorre oportunamente ou con boa sorte.
  • En hora boa 1 F
  • En mala hora. Con mala sorte ou nun momento inoportuno. Ex: ¡En mala hora se me ocorreu entrar a pedirlle a carta!
  • Entre horas. Espacio de tempo entre as principais comidas. Ex: Adelgazou moito dende que non come entre horas.
  • Hora da verdade. Momento decisivo de algo.
  • Hora feliz. Per
  • Horas mortas. Moito tempo seguido nunha soa ocupaci
  • Non ver a hora (de facer algo). Estar impaciente degoirando que se produza algo. Ex: Non ve a hora de marchar de vacaci
  • Por horas. Traballo que se cobra contabilizando as horas. Ex: O xornaleiro cobraba por horas.
  • Ser horas. Terse cumprido un per
  • ¡A boa(s) hora(s)! Expresi
  • 2 Con felicidade. Ex: Que o ascenso sexa en hora boa.
  • Dar as horas. Soar a hora no reloxo.
  • Hora punta. Momento do d
  • Pedir hora. Pedir algu

Refráns

  • Antes da hora, moi contento e ledo; e, chegada a hora, moito medo.
  • As dez deixa a rúa para quen é e, se chove, ás nove.
  • Unha hora é mellor ca outra.