sfMETROLUnidade de tempo que equivale a 1/24 da duración dun día.
sfASTRONTempo do día expresado en horas contadas desde a medianoite ou o mediodía e en fraccións de hora.
sfMomento ou punto determinado no tempo.
sfMomento oportuno para facer algo.
sfMomento para o que se cita a alguén.
hora do cronómetroASTRONHora que marca o cronómetro, á que se lle aplican dúas correccións, o estado absoluto e a parte proporcional ao movemento diario, que se utiliza para saber a hora civil do meridiano de Greenwich.
sfÚltimo instante da vida.
hora angularASTRONUnidade angular que equivale a 15’ sexaxesimais, e que se divide en 60 minutos angulares e cada un destes en 60 segundos angulares.
hora canónicaRELIXCada unha das partes en que se divide o oficio divino.
hora extraordinariaHora que se traballa e contabiliza fóra do horario laboral normal.
hora santaRELIXHora dedicada á adoración do Santísimo Sacramento.