aparato ambulacralZOOLConxunto de canais e vesículas distribuídos polo corpo dos equinodermos a través dos que circula a auga. Denomínase tamén sistema acuífero e ten unha función circulatoria, respiratoria e locomotora.
pé ambulacralZOOLambulacro.
placa ambulacralZOOLCada unha das placas do exoesqueleto de moitos equinodermos.
poro ambulacralZOOLCada un dos orificios que presentan as placas ambulacrais, polos que saen os ambulacros.