ambulacral

< ambulacro
Pliral: ambulacrais
  1. adx Relativo ou pertencente a un ambulacro.
  2. aparato ambulacral ZOOL Conxunto de canais e vesículas distribuídos polo corpo dos equinodermos a través dos que circula a auga. Denomínase tamén sistema acuífero e ten unha función circulatoria, respiratoria e locomotora.
  3. pé ambulacral ZOOL ambulacro.
  4. placa ambulacral ZOOL Cada unha das placas do exoesqueleto de moitos equinodermos.
  5. poro ambulacral ZOOL Cada un dos orificios que presentan as placas ambulacrais, polos que saen os ambulacros.