heteróptero

Plural: heterópteros
  1. adx Relativo ou pertencente aos heterópteros.
  2. s m ANIMAL/ENTOM Insecto da orde dos heterópteros.
  3. s m pl ANIMAL/ENTOM Suborde de insectos da orde hemíptera, coñecidos como chinches; que posúen un aparato bucal picador-chupador, caracterizado principalmente pola transformación en estiletes das maxilas e as mandíbulas, incluídas na cápsula cefálica. As ás posteriores son membranosas, mentres que a parte basal das ás anteriores está endurecida e forma os chamados hemiélitros.