sm plANIMAL/ENTOMSuborde de insectos da orde hemíptera, coñecidos como chinches; que posúen un aparato bucal picador-chupador, caracterizado principalmente pola transformación en estiletes das maxilas e as mandíbulas, incluídas na cápsula cefálica. As ás posteriores son membranosas, mentres que a parte basal das ás anteriores está endurecida e forma os chamados hemiélitros.