guía

< guiar
Plural: guías
  1. s
    1. Persoa ou animal que dirixe ou conduce a outros.
    2. Persoa que mostra a turistas ou visitantes as cousas máis notables dun lugar.
    3. BÉL Soldado que se coloca en primeira fila para facilitar unha boa aliñación nos exercicios militares.
  2. s f
    1. Libro que contén os datos e as indicacións necesarias para informar ou orientar sobre algo.
    2. Lista impresa ordenada alfabeticamente que proporciona datos sobre algo.
    3. Cousa que encamiña ou serve de orientación.
  3. s f Póla nova, alta, grosa e dereita que sae directamente do tronco.
  4. s f Póla que se deixa para guiar as demais no seu crecemento.
  5. s f col Cordón umbilical.
  6. s f
    1. Obxecto, peza ou mecanismo que serve para dirixir o movemento dalgunha cousa.
    2. MAR Peza de aceiro ou doutro material que, firme en calquera parte do barco, serve para dirixir cabos.
  7. s f MAR Cabo que se emprega para amarrar as embarcacións aos costados dos buques.
  8. s f Peza de madeira provista dunha canle pola que esvara o pau da vela.
  9. s f MAR Mastro da vela.
  10. s f XEOL eta ou filón que indica as propiedades da terra nunha mina.
  11. s f BÉL Documento identificativo e oficial dunha arma de fogo.
  12. guía de ondas FÍS Dispositivo que confina e propaga unha onda electromagnética cun mínimo de perdas de enerxía por radiación.

Citas

  • A guía do museo, O guía do autobús non sabía francés
  • As súas palabras foron unha guía de sabedoría para o meu libro
  • Deixaron na porta a guía de teléfonos
  • Merquei unha guía da catedral de Santiago de Compostela