gueto

< ital ghetto
Plural: guetos
  1. s
    1. HIST Barrio habitado pola comunidade xudía.
    2. p ext Barrio ou lugar dunha cidade habitado por un determinado grupo étnico ou comunidade marxinal.
  2. s m SOCIOL Sector social, delimitado xeograficamente, en que a maioría da poboación ten unhas características propias e diferenciadas que fan que se segregue do resto da poboación á que pertence.