amañar

< maña
  1. v t Dispor algo de modo correcto.
  2. v t Resolver ou preparar algo por medio dun acordo ou amaño.
  3. v t Reparar algo que estaba estragado.
  4. v t Preparar algo por medio de artimañas de xeito que semelle legal aínda que non o sexa.
  5. v t Asear e arranxar unha persoa para que teña un bo aspecto.Tm v pron.
  6. v pron Facerse cos medios precisos que conduzan á resolución dun problema.
  7. v pron Facer as cousas dun xeito individual e sen axuda cando presentan unha dificultade.

Confrontacións

Citas

  • Amáñate un pouco que imos cear fóra
  • Amañou o boneco e quedou precioso co novo vestido
  • Deberías amañar a túa carteira do colexio
  • Finalmente, amañei os papeis da matrícula hoxe
  • Non me amaño nada para coser
  • O partido estaba amañado e non puideron gañalo
  • O técnico amañoume a radio que tiña os cables rotos
  • O teu fillo amáñase moi ben na cociña
Verbo: amañar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

amaño

amañas

amaña

amañamos

amañades

amañan

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

amañaba

amañabas

amañaba

amañabamos

amañabades

amañaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

amañei

amañaches

amañou

amañamos

amañastes

amañaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

amañara

amañaras

amañara

amañaramos

amañarades

amañaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

amañarei

amañarás

amañará

amañaremos

amañaredes

amañarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

amañaría

amañarías

amañaría

amañariamos

amañariades

amañarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

amañe

amañes

amañe

amañemos

amañedes

amañen

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

amañase

amañases

amañase

amañasemos

amañasedes

amañasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

amañar

amañares

amañar

amañarmos

amañardes

amañaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

amaña

-

-

amañade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

amañar

amañares

amañar

amañarmos

amañardes

amañaren

Xerundio

amañando

Participio

amañado

amañada

amañados

amañadas