grupo

< ital gruppo
Plural: grupos
    1. s m Certo número de persoas, animais ou cousas que forman un conxunto por ter semellanzas ou características en común ou por estar no mesmo lugar.
    2. s m ARTE Conxunto de figuras, retratos, pinturas ou outra manifestación artística, que forman unha unidade nunha obra.
    3. grupo escultórico ARTE Escultura integrada por un conxunto de figuras.
  1. s m MAT Estrutura alxébrica que se constitúe por un conxunto G onde se define unha operación, que para calquera elemento a, b, c de G cumpre que ten a propiedade asociativa, que G contén un elemento neutro e e que para calquera elemento a existe outro en G, que se representa por a’, que é o seu inverso.
  2. s m FÍS Conxunto de dúas máquinas, xeralmente un motor e un xerador, que se axustan mecanicamente.
  3. LING
    1. grupo consonántico Reunión de dúas ou máis consoantes sucesivas con ou sen unidade silábica.
    2. grupo de intensidade/tónico Elemento ou conxunto de elementos lingüísticos dotado de sentido e supeditado a unha sílaba tónica preponderante que regula o resto dos acentos secundarios, de acordo, ou non, coas sílabas tónicas dos outros elementos.
    3. grupo fónico/fonético Elemento ou conxunto de elementos lingüísticos dotado de sentido e limitado por dúas pausas.
    4. grupo polifonemático Conxunto de formas susceptibles de funcionar independentemente.
    5. grupo vocálico Reunión de dúas ou máis vogais sucesivas con ou sen unidade silábica.
  4. s m BÉL
    1. Unidade táctica que na artillaría se forma por diferentes baterías baixo o mando dun tenente coronel ou comandante, que equivale a un batallón de infantaría.
    2. Unidade integrada na cabalaría por diversos escuadróns.
  5. SOCIOL/POLÍT
    1. s m Unidade social composta por uns membros que se consideran vinculados entre eles a un esquema de conduta semellante ou pola realización dunha acción concreta.
    2. grupo de presión Grupo de persoas con intereses afíns de tipo económico, político, ideolóxico ou relixioso, que en beneficio propio inflúen nunha organización, esfera ou actividade social.
    3. grupo parlamentario Grupo formado polos representantes dunha mesma tendencia política e que para constituírse deben acadar un número establecido de membros.
  6. grupo de cola AERON Conxunto das empenaxes dunha aeronave.
  7. grupo de empresas ECON Unidade formada por unha sociedade mercantil denominada matriz e unha ou varias sociedades denominadas filiais, ligadas entre si por lazos económicos e financeiros.
  8. grupo funcional QUÍM Átomo ou grupos de átomos que se localizan formando parte das moléculas orgánicas, que lles confiren un conxunto de propiedades particulares que as caracterizan.
  9. grupo propulsor TECNOL Conxunto de mecanismos que fan mover un vehículo, especialmente unha aeronave.
  10. grupo prostético BIOQ Compoñente non proteico dunha proteína conxugada, con funcionalidade diversa.
  11. grupo sanguíneo FISIOL Conxunto de sistemas ou de factores sanguíneos, independentes uns dos outros, que se basean na presenza ou ausencia nos eritrocitos e no soro de diferentes características que, en conxunto, confiren aos individuos unha personalidade hematolóxica determinada.

Citas

  • Toca nun grupo de jazz, Había un grupo de nenos xogando, Derrubaron un grupo de casas vellas