smCerto número de persoas, animais ou cousas que forman un conxunto por ter semellanzas ou características en común ou por estar no mesmo lugar.
smARTEConxunto de figuras, retratos, pinturas ou outra manifestación artística, que forman unha unidade nunha obra.
grupo escultóricoARTEEscultura integrada por un conxunto de figuras.
smMATEstrutura alxébrica que se constitúe por un conxunto G onde se define unha operación, que para calquera elemento a,b,c de G cumpre que ten a propiedade asociativa, que G contén un elemento neutro e e que para calquera elemento a existe outro en G, que se representa por a’, que é o seu inverso.
smFÍSConxunto de dúas máquinas, xeralmente un motor e un xerador, que se axustan mecanicamente.
LING
grupo consonánticoReunión de dúas ou máis consoantes sucesivas con ou sen unidade silábica.
grupo de intensidade/tónicoElemento ou conxunto de elementos lingüísticos dotado de sentido e supeditado a unha sílaba tónica preponderante que regula o resto dos acentos secundarios, de acordo, ou non, coas sílabas tónicas dos outros elementos.
grupo fónico/fonéticoElemento ou conxunto de elementos lingüísticos dotado de sentido e limitado por dúas pausas.
grupo polifonemáticoConxunto de formas susceptibles de funcionar independentemente.
grupo vocálicoReunión de dúas ou máis vogais sucesivas con ou sen unidade silábica.
smBÉL
Unidade táctica que na artillaría se forma por diferentes baterías baixo o mando dun tenente coronel ou comandante, que equivale a un batallón de infantaría.
Unidade integrada na cabalaría por diversos escuadróns.
SOCIOL/POLÍT
smUnidade social composta por uns membros que se consideran vinculados entre eles a un esquema de conduta semellante ou pola realización dunha acción concreta.
grupo de presiónGrupo de persoas con intereses afíns de tipo económico, político, ideolóxico ou relixioso, que en beneficio propio inflúen nunha organización, esfera ou actividade social.
grupo parlamentarioGrupo formado polos representantes dunha mesma tendencia política e que para constituírse deben acadar un número establecido de membros.
grupo de colaAERONConxunto das empenaxes dunha aeronave.
grupo de empresasECONUnidade formada por unha sociedade mercantil denominada matriz e unha ou varias sociedades denominadas filiais, ligadas entre si por lazos económicos e financeiros.
grupo funcionalQUÍMÁtomo ou grupos de átomos que se localizan formando parte das moléculas orgánicas, que lles confiren un conxunto de propiedades particulares que as caracterizan.
grupo propulsorTECNOLConxunto de mecanismos que fan mover un vehículo, especialmente unha aeronave.
grupo prostéticoBIOQCompoñente non proteico dunha proteína conxugada, con funcionalidade diversa.
grupo sanguíneoFISIOLConxunto de sistemas ou de factores sanguíneos, independentes uns dos outros, que se basean na presenza ou ausencia nos eritrocitos e no soro de diferentes características que, en conxunto, confiren aos individuos unha personalidade hematolóxica determinada.
Citas
Toca nun grupo de jazz, Había un grupo de nenos xogando, Derrubaron un grupo de casas vellas