gregario -ria

< lat gregarĭu
Plural: gregarios Masculino: gregario Masculino plural: gregarios Feminino: gregaria Feminino plural: gregarias
  1. adx BIOL Aplícase aos animais ou aos vexetais que teñen tendencia a agruparse formando asociacións.
  2. adx
    1. Aplícase á persoa ou ás actitudes que defenden os intereses dun grupo ao que pertencen.
    2. Que asume os xuízos e actos alleos como se fosen propios, sen cuestionalos nin pararse a pensar por si mesmo.

Citas

  • Hai colectivos profesionais que manteñen comportamentos moi gregarios
  • Non acepta as actitudes gregarias dos seus amigos e berrou con eles