gregarino -na

< lat científico Gregarina
Plural: gregarinos Masculino: gregarino Masculino plural: gregarinos Feminino: gregarina Feminino plural: gregarinas
  1. adx Relativo ou pertencente ás gregarinas.
  2. s f PROTISTA Esporozoo pertencente á orde das gregarinas.
  3. s f pl PROTISTA Orde de telosporidios de gran tamaño, que teñen o aspecto dunha célula ovoide co citoplasma cuberto por unha cutícula sólida e estriada. Preséntanse principalmente como parasitos extracelulares de invertebrados.