< lat glossa ‘palabra escura’ gr γλ ῶ σσα ‘lingua’
Plural:glosas
sfPalabra escura ou difícil dun texto, que require explicación.
sfComentario que se fai dun texto determinado, independentemente da súa extensión.
sfExplicación dunha palabra, frase ou texto que é difícil de comprender.
glosas emilianensesLINGAnotacións en latín, romance e eúscaro que constitúen a primeira manifestación escrita dunha lingua romance peninsular, ademais das primeiras frases escritas en eúscaro. Están recollidas nos mosteiros de san Millán de la Cogolla.
glosas silensesLINGAnotacións aclaratorias do HomiliariodeSilos, texto latino de finais do s XI. Xunto ás glosas emilianenses, constitúe unha das primeiras manifestacións escritas dunha lingua romance peninsular. Recollidas no mosteiro de Santo Domingo de Silos, consérvanse no British Museum de Londres.
sf p extComentario ou explicación que aclara algo.
sfDER/HISTComentario dun texto xurídico que se fai para aclarar ou interpretar o mesmo. Apareceron nos ss XII-XV e acadaron o seu momento de maior esplendor coa escola de glosadores de Boloña.
sfLITComposición poética, amplificación dunha estrofa, na que cada unha acaba cun verso ou versos daquela estrofa.