glosa

< lat glossa ‘palabra escura’ gr γλ ῶ σσα   ‘lingua’
Pliral: glosas
    1. s f Palabra escura ou difícil dun texto, que require explicación.
    2. s f Comentario que se fai dun texto determinado, independentemente da súa extensión.
    3. s f Explicación dunha palabra, frase ou texto que é difícil de comprender.
    4. glosas emilianenses LING Anotacións en latín, romance e eúscaro que constitúen a primeira manifestación escrita dunha lingua romance peninsular, ademais das primeiras frases escritas en eúscaro. Están recollidas nos mosteiros de san Millán de la Cogolla.
    5. glosas silenses LING Anotacións aclaratorias do Homiliario de Silos, texto latino de finais do s XI. Xunto ás glosas emilianenses, constitúe unha das primeiras manifestacións escritas dunha lingua romance peninsular. Recollidas no mosteiro de Santo Domingo de Silos, consérvanse no British Museum de Londres.
  1. s f p ext Comentario ou explicación que aclara algo.
  2. s f DER/HIST Comentario dun texto xurídico que se fai para aclarar ou interpretar o mesmo. Apareceron nos ss XII-XV e acadaron o seu momento de maior esplendor coa escola de glosadores de Boloña.
  3. s f LIT Composición poética, amplificación dunha estrofa, na que cada unha acaba cun verso ou versos daquela estrofa.
  4. s f ZOOL Parte do aparato bucal dos insectos.