globalización

< globalizar
Plural: globalizacións
  1. s f Acción de globalizar.
  2. s f PSIC Proceso cognoscitivo, propio da psicoloxía infantil, que consiste en percibir, dunha maneira complexa e xenérica, un conxunto e pasar, na seguinte fase, á análise dos compoñentes particulares.
  3. s f ECON Intensificación da internacionalización da produción e dos intercambios, coa constitución dun mercado global. Estivo facilitada polo progreso técnico, a internacionalización dos servizos e a homoxeneización das regulacións.

Palabras veciñas