global

< globo
Plural: globais
  1. adx Que está considerado en conxunto ou na súa totalidade.
  2. adx Relativo ou pertencente ao globo terráqueo.
  3. método global EDUC Método que se emprega no ensino da lectura e da escritura, comezando por se fixar na palabra ou frase completa, para chegar, nun segundo momento, á descomposición en sílabas e letras.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Fixo un resumo global da situación política da última década
  • O cambio climático é un problema global que afecta a todos