futuro -ra

< lat futūru
Plural: futuros Masculino: futuro Masculino plural: futuros Feminino: futura Feminino plural: futuras
  1. adx Que sucederá ou será.
  2. s m Tempo que vai vir.
  3. s m Posibilidade de triunfar ou de ter porvir algo.
  4. s m DER Dereito á sucesión dun beneficio ou dun cargo, cando aínda está vacante.
  5. FILOS
    1. s m Un dos tres momentos constitutivos do fluxo temporal e do ser no tempo e que fai referencia á posibilidade de ser.
    2. futuro continxente Futuro, na escolástica, que non está determinado causalmente e que, polo tanto, pode acontecer ou non.
  6. LING
    1. futuro de indicativo Tempo verbal que indica posterioridade ao propio acto de fala.
    2. futuro de subxuntivo Tempo verbal non real que marca a eventualidade na posterioridade ao propio acto de fala.
    3. futuro do pretérito pospretérito.

Citas

  • Este rapaz vai ter bo futuro, O seu futuro non está nesta fábrica, Iso que dis non ten ningún futuro
  • Nos anos futuros estaremos máis modernizados, Os futuros profesionais van estar mellor preparados
  • Presentoume ao seu futuro
  • Ten grandes proxectos para o futuro

Refráns

  • De aquí a alá ¡quen sabe o que pasará I será!
  • De boxe nun ano ¡quen sabe o que pasará!: o que viva, o verá.
  • Detrás virá quen bo me fará.
  • Ninguén pode saber a ventura que ba ter.
  • O día de mañá inda non o vimos.
  • O día de mañá non o vemos nunca.
  • Os vivos o verán, que os mortos non poderán.
  • Outro virá que bo me fará.