futurismo

< futuro
Plural: futurismos
  1. s m ARTE/LIT/MÚS Movemento artístico, literario e musical de vangarda, dado a coñecer co Manifeste du futurisme (1909) redactado polo poeta Filippo Tommaso Marinetti, que postulaba o rexeitamento da tradición e da conservación do pasado e unha exaltación das innovacións, sobre todo mecánicas, presentes e futuras.
  2. s m Actitude vital orientada cara ao futuro.