sfDistancia vertical dun punto á superficie da terra ou a calquera outro termo de comparación ou punto de referencia.
sfLugar elevado ou prominencia do terreo situado sobre a superficie da terra.
sf figNivel ou modo de comportamento.
sf plNome simbólico co que se designa o ceo.
sfASTRONArco da vertical dun astro medido desde o horizonte ao astro.
FÍS/TECNOL
altura de cargaEnerxía hidráulica por unidade de masa acumulada nun punto dunha masa líquida, expresada coas dimensións dunha altura.
altura manométricaTermo aplicado nas instalacións de bombeo de líquidos para designar a capacidade de elevación.
sfLING/FILOLGrao de elevación na frecuencia vibratoria das cordas vocais en relación co ton que determina a curva melódica.
sfMAT
Dimensión dunha figura plana representada por unha liña que desde o seu punto máis alto baixa perpendicular á base.
Segmento de recta, ou tamén a súa lonxitude, nas figuras e nos corpos xeométricos comprendido entre dous dos seus elementos, e perpendicular cando menos a un destes, chamado base.
sfMÚSCalidade do son que vén determinada pola frecuencia das súas vibracións.
XEOG
sfDistancia vertical dun punto a un plano horizontal de referencia.
sfAltura determinada mediante os instrumentos de nivelación.
altura angularÁngulo que forman as visuais dirixidas ao pé e á cima, ou a calquera outro punto, dun obxecto.
altura barométricaAltura determinada mediante o uso dun altímetro barométrico.
altura do aparatoDistancia vertical do centro do aparato ao terreo.
altura relativaAltura a partir dun plano de comparación arbitrario.
altura barométricaMETROLAltura da columna de mercurio sostida pola presión atmosférica, xeralmente expresada en milímetros.
altura da mareaXEOGDiferenza entre o nivel da preamar e o da baixamar.
altura patrónMETEORAltura da atmosfera homoxénea que se emprega no estudo da atmosfera superior.
mal de alturaPATEstado morboso provocado pola diminución da presión atmosférica a medida que aumenta a altura.