altura

< alto
Pliral: alturas
  1. s f Dimensión dunha cousa en sentido vertical.
  2. s f Distancia vertical dun punto á superficie da terra ou a calquera outro termo de comparación ou punto de referencia.
  3. s f Lugar elevado ou prominencia do terreo situado sobre a superficie da terra.
  4. s f fig Nivel ou modo de comportamento.
  5. s f pl Nome simbólico co que se designa o ceo.
  6. s f ASTRON Arco da vertical dun astro medido desde o horizonte ao astro.
  7. FÍS/TECNOL
    1. altura de carga Enerxía hidráulica por unidade de masa acumulada nun punto dunha masa líquida, expresada coas dimensións dunha altura.
    2. altura manométrica Termo aplicado nas instalacións de bombeo de líquidos para designar a capacidade de elevación.
  8. s f LING/FILOL Grao de elevación na frecuencia vibratoria das cordas vocais en relación co ton que determina a curva melódica.
  9. s f MAT
    1. Dimensión dunha figura plana representada por unha liña que desde o seu punto máis alto baixa perpendicular á base.
    2. Segmento de recta, ou tamén a súa lonxitude, nas figuras e nos corpos xeométricos comprendido entre dous dos seus elementos, e perpendicular cando menos a un destes, chamado base.
  10. s f MÚS Calidade do son que vén determinada pola frecuencia das súas vibracións.
  11. XEOG
    1. s f Distancia vertical dun punto a un plano horizontal de referencia.
    2. s f Altura determinada mediante os instrumentos de nivelación.
    3. altura angular Ángulo que forman as visuais dirixidas ao pé e á cima, ou a calquera outro punto, dun obxecto.
    4. altura barométrica Altura determinada mediante o uso dun altímetro barométrico.
    5. altura do aparato Distancia vertical do centro do aparato ao terreo.
    6. altura relativa Altura a partir dun plano de comparación arbitrario.
  12. altura barométrica METROL Altura da columna de mercurio sostida pola presión atmosférica, xeralmente expresada en milímetros.
  13. altura da marea XEOG Diferenza entre o nivel da preamar e o da baixamar.
  14. altura patrón METEOR Altura da atmosfera homoxénea que se emprega no estudo da atmosfera superior.
  15. mal de altura PAT Estado morboso provocado pola diminución da presión atmosférica a medida que aumenta a altura.

Sinónimos

Citas

  • Botaron a á delta dende aquela altura
  • Deus está nas alturas
  • Estar á altura das circunstancias, ¿A que altura da ciencia nos atopamos?
  • O carballo ten catro metros de altura, O Everest é o monte de maior altura do mundo
  • Voar a grande altura, Subir ata unha altura de tres mil metros

Frases hechas

  • A estas alturas. Neste tempo, xa