funículo

< lat funicŭlu ‘corda’
Plural: funículos
  1. s m ZOOL Estrutura anatómica cunha morfoloxía semellante a un cordón.
  2. s m ZOOl Cada un dos cordóns ou columnas de substancia branca da medula espiñal.
  3. s m BOT Filamento que une o óvulo e a semente coa placenta no ovario dunha planta con flor.
  4. s m ENTOM Parte da antena dos insectos que se forma pola unión duns cantos artellos.
  5. s m ARTE Moldura decorada que imita unha corda de gran grosor mediante espirais entrelazadas.