funicular

< lat funicŭlu ‘corda’
Plural: funiculares
  1. adx Relativo ou pertencente ao funículo.
  2. TRANSP
    1. adx Que funciona mediante unha corda, cable ou cadea.
    2. s m Ferocarril apto para remontar fortes pendentes que recibe a tracción mediante un cable accionado por unha máquina fixa.
    3. funicular aéreo telecabina.
  3. adx Aplícase a un tipo de torques e braceiras castrexas que presenta unha decoración en forma de corda ou arame enrolados.